Formado en Socioloxía, Xosé Cermeño comezou unha prolífica relación coa TVG como guionista e colaborador do concurso O mellor, que presentaba Manuel Rivas en 1986. Dende ese momento, o seu traballo faríase imprescindible en espazos desta canle pública como guionista, director, documentalista ou editor

Guionista e director audiovisual

(A Coruña, 1959)

Formado en Socioloxía, Xosé Cermeño comezou unha prolífica relación coa TVG como guionista e colaborador do concurso O mellor, que presentaba Manuel Rivas en 1986. Dende ese momento, o seu traballo faríase imprescindible en espazos desta canle pública como guionista, director, documentalista ou editor.

Cermeño foi o creador e director da serie de referencia na historia do audiovisual de Galicia: Pratos combinados. Estreada en 1995, esta telecomedia foi pioneira no seu xénero en Galicia e superou os 300 episodios emitidos.

Entre os seus traballos máis recoñecidos para o audiovisual galego están Os outros feirantes (1989), Avenida de América (2002), Efectos secundarios (2007) ou Larpeiros (2008), que amosan a súa versatilidade e as súas capacidades en formatos e narrativas diversas.

Xosé Cermeño, que foi membro da primeira Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, ten desenvolvido en paralelo unha meritoria carreira como escritor. Autor de textos teatrais e poesía, destaca especialmente a súa narrativa no relato breve e na literatura infantil, con varios libros publicados.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará