Guionista de televisión e banda deseñada, produtor audiovisual.
(Vigo, 1967)
Dende moi novo, Carlos Portela sentiu unha atracción enorme polo debuxo, os fanzines e a banda deseñada. Neste ámbito, tardou pouco en crear as súas propias historietas, publicadas nunha diversidade de revistas e xornais. Mesmo relanzou o clásico Esther y su mundo en estreita colaboración coa debuxante Purita Campos. Ademais, é o subdirector do festival Viñetas desde o Atlántico.
Pero o interese de Portela pola narrativa visual estendeuse axiña á televisión e o cine. Así, no lendario programa Xabarín Club (TVG) foi guionista e presentador, interpretando ao Doutor TNT. Dende aquela, o seu labor creador para o audiovisual xa non cesou, e escribiu guións de películas como O ano da carracha (2004) ou Hotel Tívoli (2005), e de series como Rías Baixas, Padre Casares, Matalobos ou Hierro.
Recentemente foi o responsable do equipo de guionistas de series de televisión de impacto internacional, como Velvet ou Las chicas del cable.
Add comment