Iniciou a súa carreira como realizadora de programas de TV como Galicia visual ou Galegos no espello, neste último desenvolvendo tamén o guión. En 2008 debutou en series de ficción para TV, xénero no que se especializaría traballando en Padre Casares. Esta produción acadaría numerosos premios e mencións honoríficas na historia da ficción galega.

Autor audiovisual

(A Coruña, 1973)

Guionista de referencia dentro e fóra de Galicia, é especialmente celebrado polo seu traballo de escritura en series como Padre Casares (con gran éxito e seguimento na Televisión de Galicia), con Ramón Campos e Gema R. Neira, ou Matalobos. Pero escribiu moitos outros textos para series como Mareas vivas, Serramoura, Montecristo ou Néboa, protagonizada por Emma Suárez e emitida en TVE en 2020.

Ademais disto, foi director de Desenvolvemento de Voz Audiovisual e traballou no equipo de contidos de series de Netflix España. Actualmente alterna o seu traballo de guionista coa docencia no Máster en Produción Xornalística e Audiovisual e diversos laboratorios.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará