Os primeiros pasos de Xosé Vicente Ferreirós no mundo da música deunos con Faíscas do Xiabre, un cuarteto de música tradicional galega formado en Catoira a comezos da década de 1970. Con esta formación entraría en contacto cos transmisores directos da tradición que lle serviría de guía ao longo da súa carreira.

Compositor e multiinstrumentista

(Catoira, 1953)

Os primeiros pasos de Xosé Vicente Ferreirós no mundo da música deunos con Faíscas do Xiabre, un cuarteto de música tradicional galega formado en Catoira a comezos da década de 1970. Con esta formación entraría en contacto cos transmisores directos da tradición que lle serviría de guía ao longo da súa carreira.

Despois chegou a formación de Milladoiro, o emblema do folk galego, que debutou con A Galicia de Maeloc en 1980. Dende ese primeiro disco pasaron máis de catro décadas e 25 álbumes de enorme mérito artístico e histórico. Entre eles: Galicia no país das marabillas (1986), A xeometría da alma (1993), Gallaecia Fulget (1995), Auga de maio (1999), Unha estrela por guía (2006) ou Atlántico (2018). No seu repertorio destaca a achega de Ferreirós como compositor e multiinstrumentista de gaita, oboe, bouzouki, mandolina, pandeireta e tin whistle.

Milladoiro realiza un incansable labor de recuperación e reivindicación da tradición musical galega, tamén colaborando con grandes intérpretes internacionais, como The Chieftains e a English Chamber Orchestra. Entre os seus moitos recoñecementos, cómpre salientar un Premio Goya por La mitad del cielo (Manuel Gutiérrez Aragón, 1986), un Premio de la Música á mellor canción en galego por “Moraima” (2000), a Medalla Castelao (2004) ou a Medalla de Galicia (2012).

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará