Compositora con formación en violín e ballet, María Monsonís fundou Cómplices en 1984 en sociedade artística con Teo Cardalda. Dende aquela, a súa carreira creativa desenvolveuse en relación con ese proxecto, un dos máis exitosos que dera a música pop feita en Galicia.

Autora e música

(Vigo, 1964)

Compositora con formación en violín e ballet, María Monsonís fundou Cómplices en 1984 en sociedade artística con Teo Cardalda. Dende aquela, a súa carreira creativa desenvolveuse en relación con ese proxecto, un dos máis exitosos que dera a música pop feita en Galicia.

O repertorio de Cómplices é unha colección de sucesos dende o seu primeiro disco, Manzanas (1988), que contiña cancións como “Dama del río” e “Serás mi cómplice”. A achega de Monsonís evolucionou cos seguintes traballos do grupo: Ángeles desangelados (1989) e, especialmente, La danza de la ciudad (1990). Este terceiro álbum incluía a canción máis representativa de Cómplices: “Es por ti”, coa que alcanzan gran recoñecemento en España, México e Colombia, posicionándose en gran parte de Latinoamérica.

Convertidos en referentes, Cómplices seguiron publicando discos con constancia ao longo dos anos. Entre eles, obras como Está llorando el sol (1991), con cancións como “Cuando duermes”, “Ojos gitanos” e “Está llorando el sol”; Preguntas y flores (1993); Básico (1994); ou Cousas de meigas (1999).

Na carreira de Cómplices e ata hoxe, María Monsonís ten colaborado con outros importantes autores e artistas, como Presuntos Implicados, Antonio Vega, Rosana ou Mónica Naranjo.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará