Aida Tarrío é compositora e intérprete formada en música e cultura tradicional galega. Membro fundadora de Tanxugueiras xunto á Sabela Maneiro e Olaia Maneiro, editaron en 2018 o seu primeiro álbum, autotitulado, co que recibiron ese ano o Premio MIN a mellor disco en galego.

Autora musical

(Oza-Cesuras, 1967)

Os seus comezos parten da apaixonada e incansable recompilación da música tradicional, acción da que foi pioneira e precursora. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, en escolas municipais, na Televisión de Galicia ou en universidades de varios países.

Despois de profundar na tradición durante máis de 25 anos, en 2000 gravou ou seu primeiro álbum, chamado Isué, que se converteu nun éxito internacional. Nos seus traballos posteriores Ajrú (2004), Sihá (2007), e Sós (2008), as súas composicións levárona a unha particular atmosfera, case rozando o electroacústico, distinguíndoa dentro e fóra das súas fronteiras. Con Deixaas (2018) expuxo o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora na música raíz e a tradición. O seu último traballo escénico foi Osmose, peza híbrida de música, audiovisual e performance que articula un relato crítico sobre os efectos do capitalismo nas nosas vidas, sendo protagonistas as traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras de Galicia.

Na súa faceta compositiva, Mercedes está relacionada coa creación de bandas sonoras para cinema, espazos sonoros para danza e performances en directo dende a hibridación ata a posta en escena de banda electrónica ou de raíz. Ten colaborado co Centro Coreográfico Galego e coa compañía Entremáns e compuxo bandas sonoras para a obra Solos dos de Maruxa Salas e, Liste, Cienfuegos 1913 e Nación de Margarita Ledo. En 2023 creou a banda sonora do filme O corpo aberto, de Ángeles Huerta.

Ten recibido multitude de recoñecementos nacionais e internacionais polo seu talento. Entre eles, Premio Artista do Ano da revista Folkworld (2000), Premio Galega do Ano (2005), Premio Nacional de Música (2010), Premio da Crítica Galega en Música (2018) ou Premio Mestre Mateo á Mellor Música Orixinal (2023).

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará