Guionista
(A Estrada, 1976)
Guionista destacado do audiovisual galego, especializado en ficción televisiva. Víctor Sierra participou na creación de series para a Televisión de Galicia como Padre Casares, Matalobos, Serramoura, Viradeira ou Lobos e cordeiros. Para canles nacionais, traballou en Quart, O final do Camiño ou Néboa, e con Netflix asinou A noite máis longa en 2022. En todas as producións anteriores foi guionista, argumentista e dialoguista; e, nalgúns casos, tamén editor de guións. Ademais, foi coguionista da miniserie Mar Libre e da película para televisión Vacas, porcos e zapatos de tacón.
É coautor dunha obra de teatro: A pensión. No pasado, formou parte dos departamentos de Desenvolvemento de Zenit TV, Voz Audiovisual e Mandarina TV, lanzando proxectos de ficción e de entretemento. Con Simón Casal asina o seu guión máis recente para longametraxe: Justicia artificial.
Ademais, Sierra compatibiliza a súa faceta de creador audiovisual coa docencia na Escola de Imaxe e Son.
Add comment