Compositor
(A Coruña, 1969)
Cursou estudos de harmonía, composición, arranxos e guitarra na L´Aula de Música Moderna e Jazz do Conservatorio do Liceo de Barcelona.
No ano 2003 compuxo a banda sonora de Inconscientes, a súa primeira partitura para cinema, conseguindo unha candidatura nos premios Goya e nos premios Gaudí. A este traballo seguíronlle máis de cincuenta bandas sonoras para cinema, televisión, series e documentais nacionais e internacionais. Entre eles, as longametraxes O Corpo (Oriol Paulo), Secuestrados e Extinction (Miguel Ángel Vivas), Un bo home e Lobos de Arga (Juan Martínez Moreno), Todo é silencio (José Luis Cuerda), Somos xente honrada (Alejandro Marzoa), Feedback (Pedro Alonso), Lobos sucios (Simón Casal) ou Teses sobre un homicidio (Hernán Goldfrid).
En televisión e plataformas, a súa música ten soado nun gran número de producións, como Donde está Marta? (Paula Cons) para Netflix ,Mercado de futuros (Mercedes Álvarez), Railway to Heaven (Alexis Racionero), A batalla descoñecida (Paula Cons) ou as series Abuela de verano e Seis hermanas, producidas por TVE.
Os seus traballos máis recentes foron Baralla, a firma da asasino, serie documental dirixida por Amanda Sans e producida por Cuarzo TV para Netflix, Infiesto (Patxi Amezcua) para Netflix; Operación Marea negra A travesía suicida, serie dirixida por Luis Avilés e producida por Ficción Producións e Prime Video; a serie para TVE Hospital Valle Norte; ou a longametraxe de animación La gallina Turuleca.
Desde o ano 2016 faise cargo da composición da música orixinal dos espectáculos da compañía Nova Galega de Danza, como Son, Leira, Credo ou Berro. A súa música ten sido interpretada por grandes formacións, como a Orquestra Sinfónica Cidade de Praga, Orquestra Sinfónica de Macedonia, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou Orquesta Sinfónica da RTVE entre outras moitas.
Add comment