Compositor e músico
(A Coruña, 1964)
Formado en acordeón, gaita e zanfona, Bieito Romero presentou proxectos musicais como Adro, Neboeiro ou Roi Xordo ata a creación de Luar Na Lubre. Dende a súa fundación en 1985 e sempre liderado por Romero, o grupo coruñés consolidouse como emblema do folk galego nun ámbito planetario.
Ao longo da súa carreira e á fronte de Luar Na Lubre, Bieito Romero atesoura dous discos de ouro, multitude de premios e infinidade de concertos e xiras internacionais. Un dos seus temas (“O son do ar”) foi reinterpretado e publicado pola estrela mundial Mike Oldfield, pero son diversos os artistas que colaboraron con Romero ao longo dos anos: Mägo de Öz, Cómplices, Luz, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs ou Diana Navarro, entre outros moitos.
Compositor, adaptador e produtor no seo do seu grupo, Romero tamén fixo música en solitario, como a banda sonora do filme Doentes (2011). No momento desta entrevista, o autor está en plena actividade e vén de presentar un novo álbum con Luar Na Lubre: Vieiras e vieiros (2020).
Collaboratively foster dynamic testing procedures after go forward e-tailers. Continually exploit fully.
Enthusiastically disintermediate sustainable supply chains before leveraged total linkage. Distinctively disseminate cost effective innovation after B2B schemas. Dramatically formulate.