Iniciou a súa carreira como realizadora de programas de TV como Galicia visual ou Galegos no espello, neste último desenvolvendo tamén o guión. En 2008 debutou en series de ficción para TV, xénero no que se especializaría traballando en Padre Casares. Esta produción acadaría numerosos premios e mencións honoríficas na historia da ficción galega.

Guionista

(Oleiros, 1976)

Outras series coas que consolidou a súa traxectoria foron os thrillers Montecristo ou A estiba, dramas nos que se ocupou da creación, argumentos e diálogos. Serramoura (de 2015 a 2019) foi outra das moitas experiencias para a TVG nas que colaborou con argumentos e diálogos.

Nos últimos anos confirmou a súa especialidade no thriller con títulos como Auga Seca, Hierro, ou A Lei de Santos (2020-2022). En comedia e dramas de época interveu, entre outros títulos, en Lobos e cordeiros, Pazo de familia, Augasquentes ou Hospital Real.

En 2022 ampliou a súa experiencia coa dramaturxia de O neno Groba e Música. Na actualidade ten firma dezaoito series emitidas en España, Portugal, Brasil, Francia, Alemaña, Estados Unidos ou Rusia, entre outros países.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará