Aida Tarrío é compositora e intérprete formada en música e cultura tradicional galega. Membro fundadora de Tanxugueiras xunto á Sabela Maneiro e Olaia Maneiro, editaron en 2018 o seu primeiro álbum, autotitulado, co que recibiron ese ano o Premio MIN a mellor disco en galego.

Autor musical

(Vigo, 1961)

Compositor, guitarrista e vocalista de rock español, figura ilustre da música nacional española, así como produtor, compositor e/o colaborador noutros proxectos musicais.

A mediados de 1981 fundou xunto a Julián Hernández á batería e Alberto Torrado ao baixo a banda Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano, na que exercía de vocalista e guitarrista. Pouco despois e tras un accidente de circulación, mudan o seu nome por Siniestro Total e incorporan a Germán Coppini como vocalista. Cando este deixou a banda en 1983, Costas pasou a ser vocalista e guitarrista ata que abandona o grupo a comezos de 1994. Con Siniestro Total, Costas asinou a banda sonora de diferentes xeracións con títulos como ¿Cuándo se come aquí? (1982), Siniestro Total II. El Regreso (1983) Menos mal que nos queda Portugal (1984), Bailaré sobre tu tumba (1985), De hoy no pasa (1987), En beneficio de todos (1990), Ante todo mucha calma (1992), Made in Japan (1993) ou 40 años sin pisar la Audiencia Nacional (2023).

Tamén a mediados de 1981 en Vigo, formou en paralelo Aerolíneas Federales, con Juan Dotras ‘Flechi’ ás voces e caixa de ritmos e Silvino Díaz ao baixo. Posteriormente se incorporan Luis Santamarina como baterista e Coral Alonso e a súa irmá, Rosa Costas, como aerolinettes. Títulos históricos con Aerolíneas Federales son: Aerolíneas Federales (1986); Hop hop (1987); Tomando tierra (1988); Échame sifón (1989); ou Una o ninguna (1991).

Despois da súa saída de Siniestro Total, Costas formou Los Feliz e posteriormente o seu proxecto persoal que chega á actualidade, Costas, onde é compositor, guitarrista e vocalista. Con esta banda toca temas novos contidos nos seus álbumes Condenados a Costas (2008), Costas is back (2011), Alguien tenía que hacerlo (2013) e No me cuentes tu vida (2016), pero tamén os grandes éxitos que compuxo nos seus grupos anteriores.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará