Iniciou a súa carreira como violonchelista desde moi nova formando parte da Orquestra de Cámara Municipal e a Banda Municipal da Coruña. En 1996 entrou no grupo Luar na Lubre como chelista e cantante, converténdose en referencia do folk galego no mundo. Xa en 2005 anunciou o seu lanzamento en solitario, que ofreceu discos como o inaugural Entre dous mares (2007), Nada que perder (2016) ou Nómade (2020). Participou tamén en bandas sonoras como Branca Madison (Carlos Amil, 1998) ou Ilegal (Ignacio Vilar, 2003).

Compositora e música

(Monforte de Lemos, 1972)

Entre as súas múltiples colaboracións discográficas destacan: Tubular Bells III (con Mike Oldfield), Soas: Muller (con Cristina Pato) ou Cantando a Galicia (con Paco Lodeiro e Sito Sedes). Ten saído de xira com Oldfield ou Pato, pero tamén compartiu escenario con proxectos de Antonio Placer ou La Barbería del Sur.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará