Iniciou a súa carreira como realizadora de programas de TV como Galicia visual ou Galegos no espello, neste último desenvolvendo tamén o guión. En 2008 debutou en series de ficción para TV, xénero no que se especializaría traballando en Padre Casares. Esta produción acadaría numerosos premios e mencións honoríficas na historia da ficción galega.

Autor audiovisual

(A Coruña,1966)

Comezou o seu oficio a principios dos 90 en diferentes labores de produción en publicidade, curtametraxes, programas de televisión e documentais. En 1998 fundou con Andrés Mahía e Xosé Castro a produtora ZOPILOTE, dedicada principalmente á elaboración de formatos televisivos e responsable de grandes éxitos da canle autonómica. Entre os seus traballos como guionista, director ou produtor destacan: Mareas vivas, Terra de Miranda, Pepe o Inglés, O Nordés, O Rei da Comedia, As leis de Celavella, Fíos, Libro de familia… Tamén traballou na serie de animación Goomer ou na teleserie Nada es para siempre (Antena 3).

Tamén foi cocreador, guionista, director e coprodutor executivo de programas da TVG como Zapping Comando, Era visto! (Mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2012 e 2013) ou Air Galicia (Mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2007). Ademais foi produtor executivo e guionista dos documentais Selección Galega. 70 anos despois (que tamén codirixiu), Vogando, Labregos do mar e Alcaian. O primeiro partido.

A súa implicación co sector audioviosual fíxoo presidente da Asociación Galega de Guionistas entre 2011 e 2015, presidente da Academia Galega do Audiovisual e relator da Subcomisión do Congreso dos Deputados para a Creación do Estatuto do Artista en 2017.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará