Sabela Maneiro é compositora e intérprete formada en música e cultura tradicional galega. Membro fundadora de Tanxugueiras xunto á Olaia Maneiro e Aída Tarrío, editaron en 2018 o seu primeiro álbum, autotitulado, co que recibiron ese ano o Premio MIN a mellor disco en galego.

Compositora e música

(Santiago de Compostela, 1990)

Sabela Maneiro é compositora e intérprete formada en música e cultura tradicional galega. Membro fundadora de Tanxugueiras xunto á Olaia Maneiro e Aída Tarrío, editaron en 2018 o seu primeiro álbum, autotitulado, co que recibiron ese ano o Premio MIN a mellor disco en galego.

O seu segundo traballo, Contrapunto (2019), explora a música galega con harmonías e rítmicas sofisticadas e unha novidosa posta en escena. Este disco iniciou unha aproximación á música pop, mantendo a reivindicación da muller na música tradicional e na sociedade cun discurso social naturalmente integrado nas súas creacións. Ese mesmo ano foron sinaladas como mellor grupo de música tradicional e folk nos Premios Martín Códax.

En 2021, coa súa participación no certame Benidorm Fest, convertéronse en favoritas dun público amplo e heteroxéneo. Co seu tema “Terra” protagonizaron un fenómeno cultural e social de alcance internacional. Logo foron chegando novos fitos: “Midas”, “Figa”, “Averno” ou “Pano corado”, todos incluídos no seu terceiro álbum, Diluvio (2022). Pouco máis tarde gañarían nas categorías de mellor álbum de música de raíz e, novamente, mellor álbum en galego nos prestixiosos Premios MIN 2022, onde acadaron un total de sete candidaturas.

Desde o inicio da súa carreira gustaron de ampliar e explorar os seus límites creativos colaborando con diversidade de artistas: Guadi Galego no seu primeiro sinxelo (“Que non mo neguen”); NAO e Sondarúa (“Cultura crítica”); Iván Ferreiro (“La humanidad y la Tierra”)… A listaxe de autores e autoras cos que teñen compartido creatividade ou escenario é extensa: Rayden, Rozalén, Macaco, Shooglenifty, Muerdo e moitos máis.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará