Autora musical
(As Pontes, 1993)
Ten un grao medio en Clarinete e está especializada en Musicoterapia. A súa experiencia iniciouse de cativa en agrupacións de música tradicional e colaborou con diferentes bandas do territorio ata fundar Bahut, a súa propia banda, con Mateo Bruquetas.
En 2018 foi seleccionada para formar parte de Operación Triunfo, plataforma que lle serviu para lanzar a súa carreira en solitario. En 2019 publicou o seu primeiro álbum, Despedida, contando coa colaboración de Xoel López ou Luisa Sobral. En 2023 editou o seu segundo traballo discográfico, Cinzas, renovando colaboración con Mateo Bruquetas e Diogo Piçarra.
Sabela ten exercido tamén como presentadora de formatos televisivos e en 2019 foi distinguida co premio Aritmar á Mellor canción galega.
Add comment