Cunha sólida formación como gaiteiro en diferentes agrupacións do ámbito tradicional e folk, Xosé Manuel Budiño foi fundador da banda Fol de Niu en Vigo. Máis adiante lanzou o seu propio proxecto artístico con Paralaia (1996), un disco de debut que marcou un dos puntos álxidos do folk galego contemporáneo. Ao longo da súa carreira, Budiño defendeu sempre un repertorio da súa autoría, insuflando aires novos a unha escena musical da que axiña se converteu en referente.

Compositor e músico.

(Moaña, 1969)

Celebrado como compositor e como intérprete, foi entregando traballos como Arredor  (2000), Zume de terra (2004), Home (2007), Sotaque (2013) ou Fulgor (2019). En evolución constante, a través dos anos ten colaborado con figuras musicais de diferentes xéneros (Jacky Molard, Xoel López, Jorge Pardo, Mercedes Peón, etcétera).

Afeito ás xiras internacionais, ten levado a súa música a México, Canadá, China, Siria ou Xordania, entre outros países.

Budiño é hoxe un músico transversal: aínda emociona interpretando coa gaita jotas e muñeiras, pero tamén defende a súa faceta máis pop como cantante, teclista ou guitarrista.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará