Formado na Escola de Teatro de Narón, José Luis Prieto fundou a compañía Caroza Teatro en 1992. Dende ese punto, a súa carreira como dramaturgo e director de escena medrou imparable ata consolidalo como un dos referentes principais do sector.

Dramaturgo, director de escena e actor.

(Narón, 1967)

Formado na Escola de Teatro de Narón, José Luis Prieto fundou a compañía Caroza Teatro en 1992. Dende ese punto, a súa carreira como dramaturgo e director de escena medrou imparable ata consolidalo como un dos referentes principais do sector.

Prieto é autor de máis de oitenta textos teatrais, a maioría estreados no circuíto comercial por compañías profesionais de dentro e fóra de Galicia. Ademais, ten dirixido máis de trinta espectáculos. O seu traballo ten recollido importantes premios; entre eles, dous Premios Max ao Mellor Autor Teatral en Galego por Fobias (2003) e Monólogo dun imbécil (2005) e varios galardóns nos Premios María Casares.

Ademais, combina a súa actividade como autor e director teatral con traballos como guionista en espazos televisivos como Luar, Xabarín Club, Zapping Comando, A casa da Conexa ou Malo será.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará