Creadora audiovisual, directora e realizadora
(Allariz, 1972)
Formada na Escola de Imaxe e Son (A Coruña), Marta Piñeiro participou nas rodaxes de La lengua de las mariposas (1999) e Blanca Madison (2003) antes de iniciar a súa actividade profesional como axudante de dirección en series e como Rías Baixas e As Leis de Celavella.
Desde 2002 traballa como directora e realizadora en series da TVG como Libro de Familia, O Nordés (Premio Mestre Mateo á Mellor Realizaciónen 2009), Padre Casares ou Matalobos (Premio Mestre Mateo á Mellor Realizaciónen 2011). Tamén é a creadora de Aprendendo a cambiar o conto (2014), obra sobre a igualdade de xénero que foi seleccionada nos certames arxentinos Festival Latinoamericano Imágenes Sociales e V Festival Internacional de Cine Mujeres en Foco.
Piñeiro especializouse en transmedia e renovación de audiencias en televisións públicas e, ademais, desenvolveu un importante labor docente na Escola de Ficción de Voz Audiovisual.
Add comment