Puntal indispensable para a composición e a orquestración na música galega, Juan Durán é Premio da Cultura Galega 2013 e Premio Reina Sofía de Composición 2018. Tamén é membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da M.I. Academia de la Música Valenciana.

Compositor de música de cámara, vocal, sinfónica e escénica

(Vigo, 1960)

Puntal indispensable para a composición e a orquestración na música galega, Juan Durán é Premio da Cultura Galega 2013 e Premio Reina Sofía de Composición 2018. Tamén é membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da M.I. Academia de la Música Valenciana.

Entre os seus moitos galardóns están o Premio de Composición da Universidad Carlos III de Madrid con Álbum para Orquesta (2000); Premio de Composición da Federación Galega de Bandas con O soño de Breogán (2008); Premio da Crítica pola súa ópera O arame (2009)Premio de Composición do Festival Internacional de Música Española de León con 4 elementos (2011); Premio de Composición no XVI Concurso de Composición de Música de Cámara Salvador Seguí en Valencia con Quinteto de Viento (2014); e Premio Reina Sofía de Composición (2018) con Whispers in the dark.

Ten recibido múltiples encargas de música sinfónica e sinfónico-coral por parte de institucións como a Orquesta Sinfónica de Galicia; a Real Filharmonía de Galicia; o Consello da Cultura Galega; o Concello de Vigo; a Fundación BBVA; ou a Fundación Catedral de Santiago de Compostela. Pero gran parte do seu traballo compositivo está dedicado á música vocal, cun amplo catálogo de creacións propias e moitos arranxos e orquestracións de cancións galegas.

A súa ópera O arame, con texto de Manuel Lourenzo (Premio Nacional de Teatro), debutou no Festival de Ópera da Coruña en 2008 e supuxo un fito de gran transcendencia: tratábase da primeira ópera estreada en Galicia en 80 anos e, posteriormente, sería representada tamén no ámbito internacional. En xeral, as obras de Juan Durán téñense interpretado en gran parte de Europa e nos Estados Unidos, Arxentina, Brasil, Chile, México, Hong Kong ou Tailandia, entre outros países. Como autor, colabora asiduamente coas principais orquestras e conxuntos de cámara galegos: Orquesta Gaos, Orquestra 430, Zoar Ensemble, Hércules Brass ou Grupo Instrumental Siglo XX, especialmente.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará