Iniciou a súa carreira como realizadora de programas de TV como Galicia visual ou Galegos no espello, neste último desenvolvendo tamén o guión. En 2008 debutou en series de ficción para TV, xénero no que se especializaría traballando en Padre Casares. Esta produción acadaría numerosos premios e mencións honoríficas na historia da ficción galega.

Autor audiovisual

(Cambados, 1980)

Formado na Escola de Imaxe e Son (A Coruña), a súa primeira curtametraxe foi o drama Coma nunca (2001). A partir de aí especializouse en montaxe traballando no mundo da animación e intervindo en producións como O bosque animado (Ángel de la Cruz, Manolo Gómez, 2001) e O soño dunha noite de San Xoán (2005). Tamén traballou en O espírito do bosque (David Rubín, 2008).

A súa estrea como director chegou con Holy night! Noite de paz? (2016). Desde aquela o seu nome ten aparecido en varias curtametraxes propias ou alleas, en óperas primas como Dhogs (Andrés Goteira, 2017) e Feedback (Pedro C. Alonso, 2019) ou na miniserie El desorden que dejas (Carlos Montero, 2020). Pero, sobre todo, nas series Hierro (Jorge Coira, 2019-2022), La Unidad e La Unidad-Kabul de Dani de la Torre, con quen tamén traballou na montaxe de Marbella (2024). En 2023 estreou Fatum, a súa primeira longametraxe como director e guionista.
Ten, polo momento, dez premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual entre series para televisión, curtas, anuncios publicitarios e videoclips.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará