Manuel Riveiro estudou Piano e Composición en Santiago de Compostela e completou a súa formación no Berklee College of Music de Boston grazas a unha bolsa da Fundación SGAE.

Compositor e músico.

(Catoira, 1974)

Manuel Riveiro estudou Piano e Composición en Santiago de Compostela e completou a súa formación no Berklee College of Music de Boston grazas a unha bolsa da Fundación SGAE.

A mediados dos anos noventa comezou a súa andaina profesional como autor de músicas para espectáculos teatrais e obras audiovisuais. Estivo vinculado aos traballos do cineasta Dani de la Torre dende as súas primeiras curtametraxes con Álex Sampaio ata a composición das bandas sonoras das súas longametraxes.

Entre os centos de partituras de Riveiro para o cine e a televisión cóntanse músicas para producións como O descoñecido, A sombra da lei, Padre Casares ou Hospital Real.

Os seus traballos para o audiovisual e o teatro proporcionáronlle múltiples premios no ámbito internacional.

Ademais, dende 2013, Manuel Riveiro forma parte como acordeonista e teclista do grupo folk Milladoiro, referente da tradición musical galega.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará