Compositora, letrista, produtora e cantante
(Moaña, 1984)
Wöyza é referente do hip-hop, o soul e o R&B en castelán e en galego. Comezou a súa carreira musical en Vigo, en 2003, vinculada á escena urbana ibérica. Debutou co EP Siénteme (2005) e o seu disco posterior, Pisando el suelo que ves (2008), inclúe “Tempos de muller”, considerada por moitos a primeira canción en galego no xénero urbano.
Dende aquela, Wöyza non deixou de producir, entregando discos como Sí/No (2015), Pelea (2016), Me encuentro bien (2016) ou Tábula rasa (2019). Tamén fundou e dirixiu o coro de música negra V-Go! Negro Son (2012-2017), co que editou un EP e un documental, e a banda Wöyza & The Galician Messengers, con repertorio tradicional galego levado aos estilos negros.
Wöyza foi recoñecida como mellor artista de músicas urbanas nos Premios da Música Martín Códax en 2014, 2019 e 2021. Ao longo dos anos ten colaborado con autores e artistas tan importantes como Cristina Pato, Carlos Núñez, Iván Ferreiro, Nach, Rapsusklei, Kultama, Mind da Gap, Kesia ou Shotta.
Add comment