Compositor, músico e produtor
(Vigo, 1962)
Formado en composición e guitarra, dende moi novo experimenta coa música nos escenarios escolares. En 1982 funda o grupo Golpes Bajos xunta Germán Coppini, compañeiro de colexio. Ao dúo sumaranse posteriormente Pablo Novoa e Luis García. Cos temas “No mires a los ojos de la gente” e “Malos tiempos para la lírica” gañan o concurso de maquetas de Rock Espezial, que dá lugar á publicación do seu disco Golpes Bajos (Nuevos Medios, 1983). O éxito é fulminante e un ano máis tarde editan A Santa Compaña. No 1985 chegará o seu último disco con esta formación, Devocionario.
Novas sonoridades definen Cómplices, o seu seguinte proxecto, xunta María Monsonís. Debutan con Manzanas, disco que xa inclúe grandes éxitos como “Dama del río” ou “Serás mi cómplice”, temas que distinguen a historia musical do pop español. Sumarán ao longo da súa carreira 15 álbums premiados con éxito de público e medios. Con temas como “Es por ti”, incluído en La danza de la ciudad, acadan éxito internacional.
As colaboracións e producións musicais salpican a traxectoria de Cardalda, que traballou con Ketama, Nacha Pop, Mónica Naranjo, Greta y los Garbo ou Martirio, entre outros.
Desde o 2015 emprende a súa carreira en solitario, que deixa títulos como Uno (1997) ou El viaje que nunca acaba (2022).
Add comment