Guionista e director audiovisual.
(Guitiriz, 1968)
Manuel Espiñeira formouse en Dirección e Realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña e axiña emprendeu a súa andaina profesional en diversos ámbitos do audiovisual. Dende aquela ten dirixido importantes series da TVG, como as populares Mareas vivas e Pratos combinados, fenómenos de audiencia na primeira década deste século.
Xunto con Jorge Coira, Carlos Sedes e Alex Sampaio, dende 2008 e ata 2015 ocupouse da dirección doutra das grandes ficcións do audiovisual galego: Padre Casares.
Ademais, dirixiu a longametraxe televisiva Vacas, porcos e zapatos de tacón (2012) e traballou en producións como Pazo de familia, Serramoura, Terras de Miranda, A vida por diante ou Do dereito e do revés.
Diversos premios e recoñecementos avalan a traxectoria dun director e guionista referencial da ficción audiovisual en Galicia.
Add comment