Guionista, autora dramática e docente
(Foz, 1964)
Entre as autoras galegas para o audiovisual, probablemente Rosa Castro sexa a máis prolífica. Filóloga de carreira, comezou a súa andaina profesional na TVG en 1986, ocupándose dos guións en espazos como A chave, Entre a terra e a lúa ou A entrevista, entre outros.
Ao longo dos anos, Castro manifestou o seu talento como directora, guionista, coordinadora ou presentadora en formatos televisivos diversos na TVG: dende o entretemento na franxa nocturna (Made in Galicia) ata a ficción (Mareas vivas, Avenida de América, Rías Baixas, Terra de Miranda, A vida por diante, As leis de Celavella ou, moi especialmente, Libro de familia).
Adaptou para Diagonal TV a serie Ventdelplá, a mesma productora que produxo a súa primeira TV Movie, Más que hermanos.
Na súa extensa carreira profesional, Rosa Castro tamén escribiu longametraxes e dous espectáculos teatrais para a compañía Pífano Teatro. Ademais, desenvolveu un importante labor docente na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.
Add comment