Sergio Moure de Oteyza

Formado en composición e guitarra, dende moi novo experimenta coa música nos escenarios escolares. En 1982 funda o grupo Golpes Bajos xunta Germán Coppini, compañeiro de colexio. Ao dúo sumaranse posteriormente Pablo Novoa e Luis García. Cos temas “No mires a los ojos de la gente” e “Malos tiempos para la lírica” gañan o concurso de maquetas de Rock Espezial, que dá lugar á publicación do seu disco Golpes Bajos (Nuevos Medios, 1983).