Aida Tarrío é compositora e intérprete formada en música e cultura tradicional galega. Membro fundadora de Tanxugueiras xunto á Sabela Maneiro e Olaia Maneiro, editaron en 2018 o seu primeiro álbum, autotitulado, co que recibiron ese ano o Premio MIN a mellor disco en galego.

Autora musical

(A Coruña, 1982)

Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais é mestra e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 formou Chámalle Xis! con outros tres amigos, converténdose no grupo revelación do ano e gañando o concurso Acoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

O seus primeiros álbumes de estudio foron Admirando a condición (2011), Co xenio detrozado (2013) e Tronzar os valos (2015). En 2016 lanzou o seu cuarto álbum: Opoñerse á extinción, un dos discos máis vendidos do Estado. En 2017 presentou como produtora musical e executiva Readmirando a condición, que recolle as once cancións do seu primeiro álbum revisando os arranxos.

En Rabia ao silencio (2019) ofreceu a súa versión dunha escolma de cancións revolucionarias, principalmente de Latinoamérica, pero tamén de Portugal (José Afonso) ou de Galicia (Fuxan Os Ventos). En de 2020 publicou un novo disco, Liberar as arterias, co que tamén entrou nas listas de máis vendidos e no que homenaxeaba á activista e poeta Luz Fandiño. En 2020 cruzou o océano nunha xira que a levou a Arxentina, Uruguai, Paraguai e O Salvador.

Cunha carreira que non parou de medrar desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, Sés triunfa grazas á súa proposta ecléctica, que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo tamén para a alma de cantareira que leva dentro. O seu pulso reivindicativo, a súa paixón e o seu compromiso social fan dela unha das artistas máis seguidas e respectadas de Galicia.

COMPARTIR:

Add comment

O teu enderezo electrónico non se publicará